lunes, 23 de diciembre de 2013

ESTAMPACIÓN

Para o meu último traballo escollín a técnica da estampación, realicei un loro con diversas estampacións.
Para simular o corpo do loro pintei os pes en vermello e en amarelo e “estampeinos” na cartolina. 





Para recrear o plumaxe do animal, pintei as mans, con amarelo, azul e violeta.




O pico pinteino de laranxa cun pincel e engadinlle un toque de personalidade ao loro co seu ollo vermello, combinando co seu corpo.
Por último, simulei que o loro está no alto dunha pola, na que a rama está feita con papel de seda marrón, o cal engurrei para crear volume e pegueino so en tres puntos diferentes, polo medio. Tamén engadín dúas follas a pola, feitas en papel seda verde.
Gustoume moito esta técnica, pola mesma razón que o estarcido, son técnicas rápidas e moi divertidas.


Resultado final:




Materiais:
  • Cartolina din A3
  • Témperas de diversas cores
  • Papel seda
  • Un pincel
  • Un ollo decorativo
  • Pegamento

ESTARCIDO

Para este terceiro traballo escollín a técnica do estarcido porque me parecía moi divertida. Quería que fora dun elefante, polo que busquei algún debuxo del.




Unha vez seleccionado o modelo, recalqueino a el e as gotas de auga nunha cartolina din A4 e recorteino a el mailas gotas, de maneira que podería facer o estarcido en positivo e en negativo, xa que tiña as diferentes plantillas.





Primeiro, dispúxenme a realizar a figura do elefante, polo que enriba da cartolina rugosa, puxen a plantilla na que falta a figura do elefante,  e coa axuda do pincel, comecei a salpicar con témpera de cor pastel. Despois salpiquei as gotas con témpera azul. 




Para a composición do fondo, tapei a figura do elefante e as gotas coas súas respectivas plantillas; primeiro salpiquei con verde en xeral, despois tapei a parte posterior e salpiquei con máis verde, con vermello e con amarelo, de maneira que a mestura semellan flores de diferentes cores, como se o elefante estivera nun prado. Na parte posterior, salpiquei con cor azul, para simular o ceo.
Por último, para darlle vida e contraste ao elefante, coa axuda dun pincel, marquei as faccións do elefante: os ollos, as orellas, a boca, a trompa, a barriga, as pernas, e os dedos.
Esta técnica gustoume moito porque é moi divertida, rápida e os resultados son asombrosos.


Resultado final:




Materiais:
  • Cartolina din A4
  • Cartolina rugosa especial para pintar con témpera, algo máis grande ca din A4
  • Témperas de diversas cores
  • Cepillo de dentes
  • Vasos de plástico (para facer a mestura da témpera con algo de auga)
  • Cúter
  • Pincel

COLLAGE

Para o segundo traballo non sabía que facer, así que buscando por internet animais vin o debuxo dun gato e imaxinei un gato nun salón, polo que escollín a técnica do collage para realizalo.
Nun primeiro momento, pintei na cartolina o que sería a parede e o que sería o chan do salón, despois debuxei unha cheminea.
Para representar a parede, usei cartolina de cor crema, medín a zona, recorteina e pegueina. Para o chan, simulei que era de moqueta, polo que usei feltro marrón.





Para a realización da cheminea utilicei diversos materiais: o fondo era a figura dunha cheminea de cartolina branca, que lle fun dando cor pouco a pouco e con diversas capas: o tellado é feito con papel charón marrón, e o corpo da cheminea con papel charón laranxa. Para a realización das paredes da cheminea usei goma eva laranxa e marrón. As hachas do lume son de papel charón marrón; a parte interior do lume é con papel charón vermello e a exterior e con papel seda laranxa, para simular as chamas do lume.




Na figura do gato usei cartolina para darlle firmeza e corpo, e para crear volume usei feltro de ton mostaza, recreando a figura do gato. Púxenlle uns ollos para que tivera algo de expresión facial.
Por último, quixen facerlle unha cestiña ao gato na que poida durmir. Para iso, precisei de dun material parecido a goma eva, chamase “foam”, era branco con pintas negras. O gato pode entrar e saír da cesta as veces que se queira.


Resultado final:



Materiais:
  • 2 cartolinas tamaño din A3
  • Feltro
  • Papel charón
  • Goma eva
  • Papel seda
  • Foam
  • Ollos decorativos
  • Tesoiras
  • Cúter
  • Pegamento
  • Cola branca

PUNTILLISMO

O meu primeiro traballo consiste en realizar un “tucano” mediante a técnica do puntillismo. Para iso primeiro busquei  ao modelo a imitar por Internet.




Unha vez  seleccionada a imaxe, primeiro realicei a silueta do tucano. Antes de pintalo a el, dinlle forma e cor ao fondo con diferentes tons de verde.


 Despois, con puntos, pintei as diferentes partes do tucano: para o pico, usei vermello e diferentes tons de laranxa, a cabeza en negro e o papo en amarelo.



Para facer máis contraste no fondo, metín varios puntos amarelos, intentando imitar o brillo da imaxe real, algo difícil de acadar con esta técnica.
Maiormente usei os rotuladores de punta grosa; os de punta fina máis ben para algún detalle.

Resultado final: 


Como último engadir que esta técnica é moi laboriosa, require moito tempo e paciencia; foi o traballo que máis semanas me levou realizar.

Materiais:
  • Cartolina din A4
  • Rotuladores de punta grosa
  • Rotuladores de punta fina